¿Que é ACIMTA?
A Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada (ACIMTA) é unha asociación empresarial, sen ánimo de lucro, que ten por obxectivo coordinar, xestionar, fomentar e defender os intereses xerais e comúns de carácter empresarial dos comerciantes e industriais do concello de Taboada (Lugo).
Dende o ano 1998 traballa pola visibilidade e a promoción de todas as empresas con sede na vila de Taboada (Lugo).
ACIMTA
Vantaxes de ser socio
A época que nos toca vivir a nivel empresa, sumado aos novos retos que se presentan no mundo dixital, fan necesario que organizacións de tipo empresarial fomenten o comercio local como fonte de riqueza e desenrolo nos pobos e vilas. ACIMTA poñerá en valor o tecido empresarial taboadés a través de accións transversais ante entidades de carácter público ou privado.
- Representación e defensa dos intereses dos socios
- Información e asesoramento
- Servizos de interés común
- Medidas de actuación ante os poderes públicos
- Estudio e elaboración de alegacións a normas de carácter xeral elaboradas pola Admón. Local
- Organización de actividades sectoriais