Liñas de Traballo

En ocasións cando se trata de asociarse a determinadas organizacións poden xurdir dúbidas acerca do traballo que se leva a cabo por parte das mesmas. Isto é máis latente se, por enriba, teñen que pagar cotas. 

De acordo aos estatutos, a Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada é unha organización empresarial sen ánimo de lucro. Polo tanto, todas as cotas e os fondos que posee a asociación teñen un único fin, o de proxectar o comercio taboadés no eido supramunicipal. 

Periódicamente iranse colgando neste apartado todas as propostas e documentos de interese para os socios, de maneira que calquer persoa poda consultar a actividade da asociación.


Solicitude de Ciclos Formativos FP


Dende ACIMTA cremos fundamental que exista unha oferta educativa profesional adaptada aos novos tempos e á realidade empresarial do municipio, que repercuta no tecido socioeconómico do Concello de Taboada en forma de Ciclos Medios e Superiores de Formación Profesional.

A infrautilización de edificios públicos de formación reglada en Taboada (Lugo) pode ser unha oportunidade para loitar contra a perda de servizos e facer de Taboada unha referencia educativa.


Acordo RuralSell con ENVACO

Acordo de colaboración entre A Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada e a Asociación Emprende, Valoriza e Compite (ENVACO) para que os socios de ACIMTA podan acceder de xeito gratuito á plataforma de venda RuralSell durante o ano 2021. Os posteriores exercicios terase en conta un desconto dun 50% por pertencer á ACIMTA.

Polígono Industrial de Taboada

Dende a Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada cremos fundamental a posta en marcha do polígono industrial de Taboada. Son moitas as empresas interesadas en que esté dispoñible nun prazo de tempo prudencial, polo que é unha das liñas centrais de traballo para ACIMTA.

Apertura prolongada da Oficina de Correos

Dende a Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada solicitamos unha apertura máis funcional da Oficina de Correos de Taboada por mor do escaso tempo de atención ao público do que dispón. Cremos firmemente que un servizo postal universal de calidad contribúe a uns mellores servizos no rural.

Acordo de colaboración con "A Túa Xanela"

A Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada ven de firmar un acordo coa empresa "A TÚA XANELA" para proporcionar servicios de Internet mediante fibra aos asociados da mesma. Podes consultar a información correspondente no seguinte descargable.