Mercar no comercio local de Taboada ten premio

16.02.2021

Dende a Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada trabállase en iniciativas que axuden no desenvolvemento empresarial do concello, aínda en tempos de pandemia.

Dende a constitución da nova directiva da Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada, o pasado 10 de Xullo de 2020, trabállase na dinamización do tecido empresarial do municipio, labor que califican de batalla de dificultosa libranza. "A situación económica tan complexa que estamos a vivir dificulta o levar a cabo iniciativas de carácter comercial ou industrial. Non obstante, tras a reintegración de ACIMTA na Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e as colaboracións coa Federación Galega de Comercio fixeron posible iniciar unha serie de accións tendentes a premiar a fidelidade do consumidor no comercio local", sinalan desde a Asociación.

A finais do pasado ano antregáronse 2 tarxetas de 150 euros nos Días Azuis do Comercio Galego. Xa comenzado o ano 2021 o comercio taboadés dá dous agasallos máis nos premios "Este Nadal, o comercio de Lugo máis preto de ti". Unha tarxeta regalo de 300 euros e unha tarxeta de 200 euros.

Desde a Asociación fan un chamamento a apostar polo comercio de proximidade, "En total 800 euros en premios durante os últimos seis meses, sen dúbida constitúen razóns de peso para apostar polo comercio de cercanía e mercar en Taboada."